Croa de Posmarcos
Un castro da Idade do Ferro no corazón do Barbanza
A Croa de Posmarcos é un dos xacementos arqueolóxicos máis singulares da comarca do Barbanza: un castro da Idade do Ferro encravado nun fermoso val do interior do concello da Pobra do Caramiñal. As primeiras sondaxes arqueolóxicas, realizadas en 2025, revelaron a longa vida do xacemento, os intercambios comerciais con culturas mediterráneas e contactos co mundo romano.
Localización
A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Período
Ferro II – Romanización (ss. IV a.C. – I d.C.)
Tipo
Castro de val con muralla
Altitude
90 m s.n.m.